14 feb 2016

TEACCH

Publicación de Autismo Ávila titulada: “El acceso al currículo por alumnos con trastornos del Espectro del Autismo: uso del programa TEACCH para favorecer la inclusión”, por Gary Mesibov y Marie Howley.
Esta publicación é un acercamento ao TEACCH (Treatment and Education of Autistic related Comunication Handicapped Children), un programa de intervención estadounidense que, a pesar de ter mais de catro décadas, foise renovando e actualizando, mantendo a súa vixencia.

O TEACCH apoiase nos puntos fortes das persoas con TEA para permitirlles acceder ao Currículo e desarrollar ao máximo o seu potencial, tal e como se amosa no libro, a través de cantidade de exemplos baseados en casos reais de alumnos e alumnas con diferentes idades e niveis de desarrollo de capacidades. Realizouse un importante esforzo de adaptación ao contexto normativo español. Tomando como base os curriculos de infantil, primaria e secundaria, explícanse os elementos clave do programa:
- Estruturación física: organización da aula e dos materiais para facelos accesibles e útiles.
- Horarios visuais: planificación do tempo, orden e duración das actividades
- Sistemas de traballo: organización das actividades de traballo para facelas comprensibles e mellorala autonomía persoal.
- Estructura e información visual complementaria.