Axuda a JAWS

O blogue estruturase de xeito que as entradas atópanse no centro da pantalla. Na parte superior das entradas establécese unha barra de pestañas coas paxinas do blogue. Na metade esquerda atópase a lista de blogues de interese. Na metade dereita pódese acceder a documentos e enlaces de interese. Se tes algunha dúbida ou problema podes enviarnos un correo electrónico.

2 DE ABRIL, día Mundial de concienciación sobre o Autismo

"Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" é o slogan elixido este ano para celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo
http://diamundialautismo.com/

ATOPA

 
A asociación TEAVi asinou un compromiso de colaboración para acción de voluntariado coa UNIVERSIDADE de VIGO. Propoñemos no marco de este compromiso o:
PROXECTO ATOPA
Dirixido a voluntarios e voluntarias con coñecementos en programación para desarrollar unha aplicación informática que permita facer SOCIOGRAMAS de aula. Pode consultarse información sobre esta ferramenta de traballo para a convivencia escolar neste POST do blogue. As persoas interesadas poden dirixirse a:
CRISTINA LÓPEZ BRAVOProfesora Titular do Departamento de Enxeñaría Telemática (clbravo@det.uvigo.es) ou a 
- Oficina de VOLUNTARIADO da universidade (voluntariado@uvigo.es). 
Aquelas persoas interesadas en colaborar que tamén sexan ALUMN@s da Escola de enxeñaría de TELECOMUNICACIÓN, poderán facer un TFG relacionado con este proxecto.

TEAVi firma un convenio de cooperación educativa coa Xunta de Galicia

Onte tivo lugar nas instalacións de Litus en Vigo (instalacións cedidas pola súa directora e socia colaboradora María Pacín Sanluis, como sede da nosa asociación), a firma do CONVENIO DE COOPERACIÓN EDUCATIVA ENTRE A CONSELLERIÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA DA XUNTA DE GALICIA E A ASOCIACIÓN DE TRASTORNOS DO ESPECTRO AUTISTA DE VIGO (TEAVi).
Dende TEAVi queremos agradecer ao Conselleiro de Educación D. Román Rodríguez e a todo o seu equipo a boa disposición e colaboración coa nosa asociación.
Hoxe demos un paso máis á fronte. Parabén a todos!!



xuntaxunta



Gamificación

 
¿Qué é
gamificacion


Nesta web explícanse as claves da gamificación explicadas dende a mecánica e as dinámicas do xogo Trátase de introducir o xogo nas aulas en prol de aumentar a motivación, a implicación, a participación, a socialización, a autonomía, a creatividade e a toma de decisións, como apoio á metodoloxía pedagóxica do docente.

Algúns exemplos de aplicacións gratuitas:

1. Kahoot. Pódense facer concursos na aula. O alumnado debe escoller a resposta correcta entre catro alternativas posibles.
 kahoot


Para empezar a traballar con esta ferramenta pódese consultar este enlace de educación 3.0. Pódense facer cuestionarios ou utilizar os que xa están feitos. Algún exemplos para primaria nas diferentes materias: 22 KAHOOTS PARA PRIMARIA Como alternativa cando os rapaces non dispoñen de dispositivos móviles: Plickers.

2. ClassDojo Esta ferramenta permite aos docentes traballar o comportamento e a convivencia na aula. Apropiado para educación primaria.
 classdojo

3. ClassCraft. Xogo de rol educativo en liña para mellorar o comportamento, a convivencia e a implicación do alumnado. Apropiado para educación secundaria.


4. Nestes dous enlaces hai unha recopilación de aplicacións:

5. Xogos específicos para TEA:
whizkidgames

Autism games, whiz kid games





Apps de Planeta imaginario para ipad: AbaPlanet e iSeqüencies

A viaxe de Elisa

O videoxogo, impulsado por Fundación Orange, conta co deseño pedagóxico dos profesionais de Autismo Burgos y a realización técnica da empresa Gametopia Games. Dirixidoa docentes e alumnado de educación secundaria.

http://www.elviajedeelisa.es/

App para Android, IOs e xogo online. "El Viaje de Elisa" é un videoxogo que axuda a entender mellor as características e necesidades das persoas con autismo, en especial ca Síndrome de Asperger. A través de diversos minixogos e cunha épica istoria de SciFi de trasfondo, os xogadores terán que superar os retos aos que se enfrenta Elisa.
O xogo ven acompañado de material didáctico que servirá de apoio aos docentes que queiran realizar actividades en clase, ademais de información xeral para entender mellor a Síndrome de Asperger.

Un aula de tod@s e para tod@s

libro
Dende os comezos da asociación a formación específica do profesorado é un dos principais obxectivos da comisión de  educación. Froito da colaboración da asociación TEAVi coa Xunta no eido da formación permanente do profesorado nos centros de Pontevedra, xurde este material cedido por Fabián Gallié. Nel esbózanse en liñas xerais exemplos prácticos da aplicación dalgunhas estratexias para alumnado con TEA nas aulas. Neste enlace a un arquivo "flashpage" pódese ver o traballo do alumnado do CEIP Mestre Valverde Mayo no que ten cabida a diversidade baseándose sempre na convivencia e cooperación de tod@s.



Xogo para nenos con autismo

 GUÍAS:
guia atencion tempranaguiaaijuGUIA AIJU 3.0. O Instituto Tecnolóxico do Xoguete (AIJU) elabora a Guía "Juego, juguetes y discapacidad: la importancia del diseño universal" dirixida a fabricantes de xoguetes, expertos na infancia e discapacidade e a familias con nenos "especiais". Proporciona pautas de deseño ás empresas do sector de xeito que poidan fabricar xoguetes accesibles. Atoparemos información da realidade do mercado, da importancia do xogo e a súa relación cos diferentes tipos de diversidades funcionais. Tamén publica unha guía dirixida á importancia do xogo na atención temperá.
discapnet
 GUIA DISCAPNET. Nesta guía ofrécese unha selección de xogos e xoguetes educativos e lúdicos adaptados ás diferentes necesidades dos nenos e nenas con diferentes capacidades. Faise unha clasificación para discapcidade visual, auditiva, intelectual, física e para adolescentes. Inclúe unha selección de publicacións recomendadas, enlaces destacados e ocio en espacios exteriores.

guia generalitat 
GUIA DA GENERALITAT VALENCIANA. Guía realizada pola Consellería de Sanitat de la Generalitat Valencaina e a Unidade de Neurorrehabilitación Infantil do Hospital de Manises.







TENDAS ESPECIALIZADAS
fun4usPodemos atopar empresas especializadas como Fun4us, xoguetería viguesa, que nace da vontade de cambio e do propósito de reunir nun mesmo lugar de xeito sinxelo e accesible unha seleccion de xogos e xoguetes educativos e lúdicos enfocados á estimulación das diferentes áreas do desarrollo cognitivo, social e sensorial.
E outras como HopToys o Juguetes Especiales

hoptoys
juguetes especiales




PUBLICACIONS RELACIONADAS
 


O Concello de Vigo adquire a Guía de TEAVi


 guiaGracias ao Concello de Vigo publicouse a terceira versión da Guía de estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA, que colgamos dixitalmente nesta entrada.
O Concello de Vigo adquiriu 300 exemplares da Guía de estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA. Próximamente vai remitir os exemplares aos centros escolares de Vigo, o que permitirá aos equipos docentes ter en conta, con maior facilidade, as estratexias para o alumnado con TEA que se describen na Guía.
Dende a asociación TEAVi queremos dar as gracias ao Alcalde Abel Caballero, á concelleira delegada de educación Olga Alonso, así como ao persoal da concellería de educación que nos guiou e axudou  para conquerir que esta Guía sexa unha realidade. 





DINÁMICAS GRUPÁIS. Traballar a convivencia


Haydeé Mesa publica en Educación 3.0 varios artigos sobre as dinámicas de grupo, as súas vantaxes e criterios para escoller as mais interesantes segundo o nivel madurativo do grupo, as debilidades que atopemos na convivencia ou as actividades que queiramos potenciar en cada momento. Incorpora exemplos de como realizar algunhas de estas dinámicas.
As dinámicas grupáis son actividades estruturadas de carácter vivencial co obxecto de conseguir a COHESIÓN do grupo a través DIVERSIÓN. Os beneficios que aporta a cohesión do grupo son precisamente os obxectivos que vamos querer buscar aplicando algunhas destas dinámicas. 
 OBXECTIVOS
A cohesión do grupo implica un SENTIMENTO DE PERTENZA ao grupo, o que conleva:
1. ACEPTACIÓN da importancia do grupo, de carácter protector e nutritivo-educativo,  no que se comparten necesidades e experiencias.
2. AUTOCOÑECEMENTO, percepción do propio comportamento e o dos demais.
3. COMUNICACIÓN auténtica entre os membros do grupo como consecuencia da aceptación da importancia do grupo e do autoconocimento.
4. PARTICIPACIÓN, motivación para contribuir ao benestar do grupo. Cada menbro aporta a súa riqueza.
5. REPARTO DE TAREFAS, onde cada un é consciente do que aporta ao grupo e do que recibe del.
6. COLABORACIÓN E SOCIALIZACIÓN que estimulan acreatividade mellorando as capacidades dos seus integrantes ao darlles a posibilidade de desenvolver as súas diferentes potencialidades.

7 TIPOS DE DINÁMICAS GRUPÁIS
Todas a dinámicas grupais teñen como base aumentar o grao de cohesión do grupo. Cada dinámica, expresada nun ou en varios XOGOS concretos, estará enfocada á potencialización das características positivas do grupo ou á resolución dos diferentes problemas derivados da interacción do grupo. Así Haydeé Mesa propón a seguinte clasificación:
1. Xogos de PRESENTACIÓN. Xogos enfocados a aprender nomes e outras características necesarias para comezar a relacionarse candoogrupo é de recente formación e os membros non se coñecen.
2. Xogos para a RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Proporcionar ferramentas para afrontar conflictos e axudar a resolvelos.
3. Xogos para SOLTAR TENSIÓNS. Xogos estructurados para liberar enerxía acumulada en forma de tensións a través da risa, o movemento e a voz.
4. Xogos de AUTOAFIRMACIÓN. Xogos que perseguen a autoafirmación dos participantes na súa individualidade e a súa faceta como integrantes do grupo.
5. Xogos para mellorar a COMUNICACIÓN. Xogos onde se estimula a comunicación e favorécese a escoita activa entre os participantes.
6. Xogos de COÑECEMENTO e AUTOCOÑECEMENTO. Aqueles destinados a permitir que os integrantes se coñezan a sí mesmos por contraste cos demáis.
7. Xogos de COLABORACIÓN. Potencian a cooperación grupal ao focalirse en que todos os participantes teñan a posibilidade de actuar activamente.

MÁIS XOGOS
Nesta páxina pódense atopar moitos XOGOS para nenos que seguen esta categorización:
dinamica de grupo


CHARLA SOBRE TRASTORNOS DO ESPECTRO DO AUTISMO
CANDO?: O venres 2 de decembro de 2016 
ONDE?: en Mondariz
A Asociación TEAVi organiza unha charla que tratará dos trastornos do espectro do austismo. Vai dirixido a docentes, sanitarios e familias e a todas as persoas interesadas en coñecer e entender as características do autismo e a súa incidencia nos escenarios cotiás. Os ponentes son a psicóloga María Pacín San Luís, o mestre Fabien Gallié Morigny e a nosa presidenta Encarna Fernández Freire. Animádevos!!!!!!!!!