10 de feb. de 2016

Patios e parques dinámicos

"Patios Dinámicos" é un programa e ferramenta de inclusión escolar, mediante a que o momento do recreo escolar cobra sentido para o alumno ou alumna con trastorno de espectro autista (TEA) facéndolle partícipe do mesmo xunto co resto do alumnado que voluntariamente queira participar dos xogos propostos.
A intervención no tempo de recreo realízase en grupos abertos, onde cada alumno ou alumna é libre de participar ou non e no que se ten especial coidado de “non” etiquetar ao alumno ou alumna con TEA. O programa GL Patios Dinámicos promove a inclusión social no contexto escolar durante o tempo de recreo (no marco da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, de 13 de decembro de 2006), difundindo os efectos de respecto pola diversidade, compañerismo e amizade no resto da xornada escolar. Trátase dun programa creado por Gey Lagar3 ao que a Asociación Asperger Asturias deu un marco práctico ao implementalo nos centros educativos do Principado de Asturias.

O programa e a súa metodoloxía recóllese no libro “Patios y Parques Dinámicos”, publicado pola editorial Trabe en Junio de 2015: http://www.geylagar.es/product/libro-patios-y-parques-dinamicos.

A Asociación Asperger Islas Canarias, ASPERCAN publicou un vídeo cunha ponencia explicativa sobre "Patios y parques dinámicos":