10 feb 2016

ATENCION TEMPERA

Decreto183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá.

No capítulo I regúlase o obxecto e o ámbito de aplicación, fixando como destinatarios da atención temperá os/as nenos/as de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia; así mesmo, establécense as definicións e os principios reitores que inspirarán toda a regulación da Rede galega de atención temperá e a metodoloxía das actuacións en atención temperá.


En virtude disto a Xunta aproba o PROTOCOLO de ATENCIÓN TEMPERÁ, que establece no sistema educativo un procedemento de detección precoz do alumnado con trastornos do desenvolvemento ou en risco de padecelos que deba ser atendido polos servizos de atención temperá. Céntrarase no alumnado do 2º ciclo de educación infantil e de 1º ciclo se fose o caso, respecto do cal se debe:

a) Prestar atención, ao desenvolvemento da autonomía da nena e do neno, á creación dos primeiros vínculos sociais e á conquista da linguaxe.
b) Considerar o grao de desenvolvemento das capacidades básicas, correspondentes ao momento evolutivo, no proceso de avaliación inicial e no informe anual de avaliación individualizado.
c) Informar regularmente a os pais e nais, persoas titoras ou gardadoras, sobre os progresos e dificultades detectados e ter en conta as informacións que estas persoas proporcionen.
d) Asesorar, por parte dos servizos de orientación, a totalidade da comunidade educativa nos procesos de identificación das necesidades educativas do alumnado, na súa valoración, nas medidas educativas que cómpre adoptar e na súa avaliación.
e) Realizar as avaliacións psicopedagóxicas que procedan e trasladar ao correspondente informe psicopedagóxico, entre outras cousas, información sobre a situación evolutiva e educativa da alumna ou do alumno, a concreción das súas necesidades educativas, as orientacións curriculares, a proposta de escolarización, a determinación das axudas necesarias e o procedemento para a revisión e/ou actualización do informe.
f) Asesorar e informar ás familias sobre os servizos sanitarios e sociais ao seu alcance.
g) Proporcionarlles ás familias copia do informe psicopedagóxico.