10 feb 2016

ATENCION A DIVERSIDADE

Decreto229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula á ATENCION ÁDIVERSIDADE do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónomade Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Leiorgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación.



O decreto estrutúrase en nove capítulos. No segundo capítulo, de actuacións e medidas de atención á diversidade, establécese o marco das actuacións xerais, tanto da Administración educativa como dos centros docentes, así como o marco das medidas de atención á diversidade, diferenciando entre as ordinarias e as extraordinarias, rematando o capítulo co tratamento do Plan Xeral de Atención á Diversidade, en canto documento destinado á articulación en cada centro docente da atención á diversidade.

O capítulo quinto, dedicado integramente ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo, aborda a conceptualización deste alumnado e os procedementos para a súa identificación, avaliación e informes. Este aspecto ten relación co Decreto 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede Galega de atención temperá.