COMPARTE
Nun post anterior, animábamos a colaborar neste proxecto que xurde coa vontade de axudar á Comunidade Educativa a prevenir o acoso escolar e a exclusión do alumnado, xa como rexeitamento ou illamento.
E nesta andadura "atopamos" a Sara Berezo, Miguel Otero, Marta Blanco, Adrián Lombardía y María Cabrero, alumnos da escola de Telecomunicacións de Vigo, cos que xa botamos a andar.
Pero seguimos a precisar colaboración, se coñeces ou tes propostas para traballar a convivencia nos centros COMPARTEAS!! Podes mandar un mail a teavieducacion@gmail.com
Temos que darlles a noraboa porque gañaron o primer premio no HackForGood así como un dos galardóns de ThinkBig de Telefónica coa proposta. Agora tense que desarrollar a aplicación coa colaboración de tod@s E esperamos que poida estar nos colexios Galegos para o vindeiro curso.
Neste senso temos que agradecer a Gey Lagar, creadora do programa Patios e Parques Dinámicos por amosar a súa interese polo proxecto.
Este proxecto nace cunha vontade desinteresada e baseada no traballo cooperativo e precisa das aportación das persoas que traballen a convivencia escolar. A aplicación informática vai levar una guía didáctica onde se clasifiquen e organicen materiais creados para libre difusión, recoñecendo sempre a autoría dos seus creadores. Así que animádevos a COMPARTIR.