26 dic 2016

O Concello de Vigo adquire a Guía de TEAVi


 guiaGracias ao Concello de Vigo publicouse a terceira versión da Guía de estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA, que colgamos dixitalmente nesta entrada.
O Concello de Vigo adquiriu 300 exemplares da Guía de estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA. Próximamente vai remitir os exemplares aos centros escolares de Vigo, o que permitirá aos equipos docentes ter en conta, con maior facilidade, as estratexias para o alumnado con TEA que se describen na Guía.
Dende a asociación TEAVi queremos dar as gracias ao Alcalde Abel Caballero, á concelleira delegada de educación Olga Alonso, así como ao persoal da concellería de educación que nos guiou e axudou  para conquerir que esta Guía sexa unha realidade.