8 de dec. de 2016

DINÁMICAS GRUPÁIS. Traballar a convivencia


Haydeé Mesa publica en Educación 3.0 varios artigos sobre as dinámicas de grupo, as súas vantaxes e criterios para escoller as mais interesantes segundo o nivel madurativo do grupo, as debilidades que atopemos na convivencia ou as actividades que queiramos potenciar en cada momento. Incorpora exemplos de como realizar algunhas de estas dinámicas.
As dinámicas grupáis son actividades estruturadas de carácter vivencial co obxecto de conseguir a COHESIÓN do grupo a través DIVERSIÓN. Os beneficios que aporta a cohesión do grupo son precisamente os obxectivos que vamos querer buscar aplicando algunhas destas dinámicas. 
 OBXECTIVOS
A cohesión do grupo implica un SENTIMENTO DE PERTENZA ao grupo, o que conleva:
1. ACEPTACIÓN da importancia do grupo, de carácter protector e nutritivo-educativo,  no que se comparten necesidades e experiencias.
2. AUTOCOÑECEMENTO, percepción do propio comportamento e o dos demais.
3. COMUNICACIÓN auténtica entre os membros do grupo como consecuencia da aceptación da importancia do grupo e do autoconocimento.
4. PARTICIPACIÓN, motivación para contribuir ao benestar do grupo. Cada menbro aporta a súa riqueza.
5. REPARTO DE TAREFAS, onde cada un é consciente do que aporta ao grupo e do que recibe del.
6. COLABORACIÓN E SOCIALIZACIÓN que estimulan acreatividade mellorando as capacidades dos seus integrantes ao darlles a posibilidade de desenvolver as súas diferentes potencialidades.

7 TIPOS DE DINÁMICAS GRUPÁIS
Todas a dinámicas grupais teñen como base aumentar o grao de cohesión do grupo. Cada dinámica, expresada nun ou en varios XOGOS concretos, estará enfocada á potencialización das características positivas do grupo ou á resolución dos diferentes problemas derivados da interacción do grupo. Así Haydeé Mesa propón a seguinte clasificación:
1. Xogos de PRESENTACIÓN. Xogos enfocados a aprender nomes e outras características necesarias para comezar a relacionarse candoogrupo é de recente formación e os membros non se coñecen.
2. Xogos para a RESOLUCIÓN DE CONFLICTOS. Proporcionar ferramentas para afrontar conflictos e axudar a resolvelos.
3. Xogos para SOLTAR TENSIÓNS. Xogos estructurados para liberar enerxía acumulada en forma de tensións a través da risa, o movemento e a voz.
4. Xogos de AUTOAFIRMACIÓN. Xogos que perseguen a autoafirmación dos participantes na súa individualidade e a súa faceta como integrantes do grupo.
5. Xogos para mellorar a COMUNICACIÓN. Xogos onde se estimula a comunicación e favorécese a escoita activa entre os participantes.
6. Xogos de COÑECEMENTO e AUTOCOÑECEMENTO. Aqueles destinados a permitir que os integrantes se coñezan a sí mesmos por contraste cos demáis.
7. Xogos de COLABORACIÓN. Potencian a cooperación grupal ao focalirse en que todos os participantes teñan a posibilidade de actuar activamente.

MÁIS XOGOS
Nesta páxina pódense atopar moitos XOGOS para nenos que seguen esta categorización:
dinamica de grupo