Psicólogos e profesionais da educación propoñen como estratexia para evitar o acoso escolar educar ás testemuñas para que distingan entre "chivarse" e "avisar". Evitar que ollen cara outro lado e interveñan de forma activa na defensa dos compañeiros e compañeiras. Facerlles entender que as testemuñas mudas son cómplices das agresións, xa sexan físicas ou verbais, ou mesmo rexeitar a un compañeiro ou compañeira.
O acosador precisa de público para reforzar a sensación de poder na súa acción e para engadirlle máis humillación á situación da víctima. Por iso os que presencian estas accións e non actúan pasan de testemuñas a cómplices.
O acosador precisa de público para reforzar a sensación de poder na súa acción e para engadirlle máis humillación á situación da víctima. Por iso os que presencian estas accións e non actúan pasan de testemuñas a cómplices.
Para traballar coas testemuñas deben realizarse accións escolares nas que se sensibilice ao alumnado nos seguintes puntos:
- Tomar conciencia de ter sido espectador de situacións de acoso
- Tratar de poñerse no lugar da víctima
- Tomar conciencia da implicación que ten encubrir ao acosador
- Tomar conciencia de que na selección das víctimas podería tocarlle a calquera neno ou nena, incluso a él ou ela
- Dar razóns para que adquiran a coraxe para actuar:
- Ninguén ten dereito a maltratar a outro
- Hai que ser solidario e axudar ao débil
- Hai moitas máis testemuñas que agresores e xuntos teñen forza para paralo
- Calando consíntese e apróbase a conducta do agresor
- Non compensa unha amizade co agresor na que impera o medo
- Non se poden tolerar as inxustizas
- Non tes por qué pelexar para defender a unha víctima, chega con avisar
- Axudar produce unha gran satisfacción e benestar cun mesmo
Existen moitas ferramentas dixitais para detectar o acoso escolar. A Facultade de Psicoloxía da Universidade complutense de MAdrid (UCM) desarrollou un programa Mybullying, un cuestionario online de aplicación colectiva co que xenérase un mapa da rede social da aula e indícanse as pautas de intervención. É gratuito para os centros onde está sendo implantado polas Consejerías de Educación das Comunidades de Madrid e Castilla León. Para o resto de usuarios: o software disponible na web ofrécese de forma gratuita para un único grupo de alumnos. Despois, o usuario pode adquirir os códigos que desexe para pasar o test a un precio de 2 euros por test-grupo.
Neste artigo se amosan 7 aplicacións móbiles para prevenir o acoso: http://www.europapress.es/portaltic/software/noticia-aplicaciones-moviles-imprescindibles-combatir-acoso-escolar-20160413085940.html