31 mar 2016

TEA y APPs

Encuentra tu appAulautista ten unha sección: TEA y APPs, creada por Guadalupe Montero, adicada á procura e ao análise de aplicacións, polo momento, para iPad.
Para facilitar a selección de aplicacións pódese escoller entre catro categorías segundo a área de intervención onde se van a aplicar: comunicación, habilidades académicas, social e do xogo e conducta e control do entorno.

Dentro de cada categoría hai un listado de aplicacións cunha breve descripción. Cando se escolle unha aplicación ábrese unha páxina onde se atopa información ampliada así como os enlaces relacionados e información de interese.