1 abr 2016

Guia de "Estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA"


Guía de estratexiasDende a asociación TEAVi traballamos en prol da inclusión de todas as personas con TEA. A educación forma parte do cerne no desenvolvemento das persoas, dos nenos e nenas que serán os adultos do futuro e que son os "nenos e nenas do presente". Por tanto é preciso traballar para que a educación inclusiva sexa unha realidade presente en tódolos centros de ensinaza, onde se eduquen aos nenos e nenas en igualdade de oportunidades, repectando as diferenzas de cada quen e fomentando a ilusión por aprender.
Toda a comunidade educativa é responsable de facer efectivos os principios da educación baseada na tolerancia e no repecto polas diferenzas e por iso nós, como nais e pais, aportamos o noso traballo coa esperanza de que sexa de utillidade e agrado a todos os profesionais da educación. 
Gracias a David Pintor (portada) e a Fran Alonso (prólogo) polo voso apoio desinteresado.