O 17 de marzo de
2017 participamos na Xornada de atención á diversidade 2018 que
organiza a Consellería de Educación no plan de formación aos
docentes sobre educación inclusiva. Acompañounos o doutor en
enxeñería de telecomunicacións Jonathan Juncal @joni_jm, que
forma parte do Grupo de Tecnoloxías da Información do Centro de
Investigación atlanTTic da Universidade de Vigo, así como de
accegal.org. Recentemente a Fundación Universia e Indra premiou a
aplicación TalkAACtive, desarrollada polo GTI do centro de
investigación AtlanTIC da UVigo, que conta co apoio da
asociación TEAVi.
Tivemos a ocasión de presentar o proxecto @topa que se está a desenvolver e amosamos os materiais adaptados que nos cedeu o CEIP Santa Mariña de Redondela e Marta Rodríguez de ANEPA e TEAVi. Levamos tamén con nós un cartel que nos remitiu Gey Lagar sobre o seu fantástico programa de Patios e Parques Dinámicos.
Nestas xornadas tamén tivemos a ocasión de coñecer de primeira man o traballo que está a realizar accegal no eido da comunicación e accesibilidade. Trátase de aplicacións para dispositivos móviles totalmente gratuítas en Google Play e na súa web. Vamos a facer un resumo das aplicación que nos parecen máis interesantes coa documentación que nos pasou Jonathan ao que lle estamos moi agradecidos pola súa labor. Todas as aplicacións se poden consultar aquí.
VirtualTec: teclado virtual para persoas con discapacidade motórica, mediante pulsación na pantalla do dispositivo. Incorpora un sintetizador de voz para lectura de mensaxes e permite gardar texto e mandalo por SMS ou correo electrónico.
MessageTTs: aplicación que permite escoitar mediante un sintetizador de voz mensaxes ou accións frecuentes que se escriban no teclado.
MessageTTs: aplicación que permite escoitar mediante un sintetizador de voz mensaxes ou accións frecuentes que se escriban no teclado.
PictoDroid Lite: aplicación para Android que lee (en varios idiomas) frases sinxelas introducidas mediante a selección de pictogramas.
PictoDroid: aplicación para Android que permite crear oracións complexas mediante a selección de pictogramas que serán leídas polo sistema aproximándose á linguaxe natural.
PictoDroid Med: é unha versión de PictoDroid Lite para comunicarse en entornos médicos.
MyKeyboDroid: sintetizador de voz con teclado interactivo que permite escribir e falar a persoas con movilidade reducida e facilita o aprendizaxe da lectoescritura.
PictoTalk: aplicación de mensaxería instantánea baseada en pictogramas, para castelán, inglés, alemán, francés e italiano. Utiliza pictos e texto.
SetTime: permite crear ata cinco diferentes tipos de contadores de
tempo, para axudar a organizar as tarefas. O contador pode permanecer
visible na pantalla do dispositivo.
MyGame Memory: xogo de emparellar para traballar as habilidades cognitivas. Permite emparellar tanto imaxes como sons e texto e as súas combinacións. Está dipoñible en varios idiomas, tamén en Galego.
MyGame WordSearch: para facer sopas de letras. Está dispoñible en varios idiomas, tamén en Galego.
MyGame Sequences: permite crear secuencias e ordenalas. Dispoñible en varios idiomas, tamén en Galego.