Sair do círculo
Haydée Mesa publica esta interesante dinámica grupal para traballar a convivencia na revista Educacion 3.0. Nun post anterior publicamos unha recopilación de dinámicas grupais que describe Haydée, nesta ocasión propón o seguinte exercicio:
Pautas: un grupo de alumnos fai un cículo entrelazando os brazos.
Consignas: un rapaz sae do círculo e o mestre dalle a consigan de que cando volva ao círculo ten que tentar escapar del o máis rápido posible sen tardar máis de dous minutos. Para as persoas que forman o círculo a consigna é que teñen que evitar que as fugas mais se a persoa pide verbalmente sair teñen que abrir o círculo e deixala sair.
Avaliación: débese concretar, con axuda de preguntas, os seguintes aspectos:- Determinar cal é o conflicto básico e os secundarios, no seu caso.
- Contrastar cómo se sentiron os participantes do círculo e o que tenta escapar.
- Analise dos métodos empregados por cada parte para acadar o seu obxectivo.
- Procurar outros exemplos destas actitudes e métodos na vida cotiá dos participantes.