O traballo da comisión de educación da asociación TEAVi comeza no 2015 coa publicación neste blogue do primeiro PROXECTO en materia de educación.
Fixemos una contextualización dos condicionantes legais e sociais e da realidade do alumnado con TEA en Galicia e de ahí surdiron as dúas propostas de traballo. As liñas principais do proxecto foron:
1 Participación na FORMACIÓN específica do profesorado no trastorno
2 Elaboración dunha GUIA DE ESTRATEXIAS concretas para axudar nas labores docentes.
Este é o traballo realizado e os resultados acadados neste dous anos:
- I Xornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
- II Jornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
- III Jornadas específicas de sensibilización e formación no ámbito do TEA
- Participación na formación específica de grupos de traballo co CFR de Pontevedra.
- Redacción e publicación, coa participación do Concello de Vigo, da “Guía de estratexias de inclusión educativa para o alumnado con TEA”
- Acordo de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, asinado o 3 de marzo de 2017
- Presentación dos proxectos da asociación por parte do Concello de Vigo
- Peonza de bronce no X Premio espiral edublogs ao blogue de teavieducación.blogspot.com.es