22 ene 2017

Un aula de tod@s e para tod@s

libro
Dende os comezos da asociación a formación específica do profesorado é un dos principais obxectivos da comisión de  educación. Froito da colaboración da asociación TEAVi coa Xunta no eido da formación permanente do profesorado nos centros de Pontevedra, xurde este material cedido por Fabián Gallié.
Nel esbózanse en liñas xerais exemplos prácticos da aplicación dalgunhas estratexias para alumnado con TEA nas aulas. Neste enlace a un arquivo "flashpage" pódese ver o traballo do alumnado do CEIP Mestre Valverde Mayo no que ten cabida a diversidade baseándose sempre na convivencia e cooperación de tod@s.