Publicouse no DOG. nº 92 a Orde do 27 de abril de 2016 pola que se regulan as axudas para a participación no fondo solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o alumnado de educación primaria, secundaria obrigatoria e educación especial para o curso escolar 2016/2017
1.- Prazo límite de presentación de solicitudes: 23 de xuño de 2016 *2.- Destinarios as familias con alumnado matriculado:
a) fondo solidario: 3º, 4º, 5º e 6º de EP e 1º e 3º de ESO
b) Axudas para a adquisición: 1º e 2º de EP e 2º e 4º de ESO e en EE.
c) Axudas para material escolar: EP, ESO e EE
3.- Lugar de presentación: o Centro educativo ou calquera dos rexistros establecidos no
artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das
administracións públicas e do procedemento administrativo común,
utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da
Xunta de Galicia https://sede.xunta.es
4.- Documentación (orixinal e copias ou copias compulsadas):
5.- Devolución. Ao rematar o curso 2015/16, o alumnado
beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do
fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá
devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o
curso 2016/17. O prazo máximo para devolvelos será o 23
de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia
pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine
e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.
6.- Asignación de libros: asignación por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles no fondo o centro docente adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios para garantir:
6.- Asignación de libros: asignación por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten as existencias. Esgotados os libros dispoñibles no fondo o centro docente adquirirá os libros complementarios que sexan necesarios para garantir:
- Ao alumnado en situación de garda ou tutla da Xunta ou que presente unha discapacidade do 65% ou maior: 6 libros (con independencia da renda). Con preferencia de adxudicación.
- Ao alumnado cunha renda per cápita familiar ata 5.400€: 6 libros
- Ao alumnado cunha renda per cápita familiar dende 5.400’01€ ata 9.000€: 4 libros
- Alumnado matriculado en educación especial, tanto en centros específicos como unidades de educación especial en centros ordinarios, así como o que presente unha discapacidade do 65% ou maior e cumpra os requisitos recibirá 250€ con independencia da renda per cápita familiar.
- Educación Primaria
- Renda per cápita familiar ata 5.400€: 170€
- Renda per cápita familiar desde 5.400’01€ ata 9.000€: 90€
- Educación Secundaria
- Renda per cápita familiar ata 5.400€: 180€
- Renda per cápita familiar dende 5.400’01€ ata 9.000€: 104€
- A axuda para material escolar é de 50€ para alumnos de primaria, ESO, e educación especial con renda per cápita igual ou inferior a 5.400€