Chaval.es é unha inciativa da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (Minetur), posta en marcha por Red.es, que responde á necesidade de salvala brecha dixital entre pais, nais, tutores, educadores respecto ao avance dos menores e xoves no uso das TIC. O obxetivo e formar e informar sobre as ventaxas e os posibles riscos do panorama tecnolóxico actual.
Existen
moitas ferramentas, gratuítas ou de pago, que permiten facer este
control, unha delas, que se pode adquirir gratuitamente, é Qustodio. A
filosofía é supervisa-la actividade dos nenos para logo activar filtros
ou bloqueos para protexelos do contido inapropiado. Crea perfis para
cada fillo e configura os controis de proteción con facilidade. Tamén se
pode controlar o acceso a cada dispositivo e a Internet, aplicar
límites de tempo personalizables, acceder a un historial, ve-la
actividade por páxina e tempo pasado nela, as amizades online dos amigos
e tempos de chat, lista de términos buscados ou aplicacións usadas e
por cánto tiempo.