17 de maio de 2017

Actividade de Inclusión Educativa. Explicando o TEA.

 BarbamarelaImos explicar unha actividade moi doada de facer na aula, en prol da inclusión educativa e que axuda aos rapaces a entender o trastorno do espectro autista. 
No colexio Mestre Valverde Mayo de Mos, o curso de 5º de primaria, fixose unha actividade de aula, tomando como base a noticia que aparece na Voz de la Escuela, comentada na entrada desde blog "28º semana da prensa na escola".
Dentro do proxecto de curso "piratas" hay un compañeiro especial e imaxinario que se chama "Barba Amarela". BarbAmarela explicoulles á clase que ten TEA. Cada rapaz escoitou a BarbAmarela, buscou en internet e resumiu o que aprendeu do TEA. Ao día seguinte compartiron todo o que aprenderon.
Aquí tedes o resultado: