9 feb 2016

EDMODO

edmodoEn 2008 Nic Borg e Jeff O´Hara fundaron esta plataforma educativa que funciona coma unha rede social e na que poden participar docentes, familias e alumnos e alumnas. Permite crear grupos pechados e privados, enviar traballos, compartir enlaces e documentos, achegar ficheiro,... Tamén existe a opción de que os docentes inviten aos alumnos e alumnas a participar en debates en liña, para o que é preciso rexistrarse cun nome de usuario e contraseña. O docente é o único que pode crear os grupos e administralos, mentres que os estudiantes (e as familias) necesitan coñecer o código de acceso a estes grupos para consultar os contidos que se suben.