18 feb 2018

DERRADEIRO DIA INTERNACIONAL DO ASPERGER ?

Hoxe, 18 de febreiro de 2018 celébrase o derradeiro día internacional da Síndrome de Asperger. Ou non! Non sabemos que vai pasar despois de que no mes de Maio de este ano, a OMS faga oficial a CIE-11 (clasificación internacional de enfermidades), ferramenta de diagnose máis usada a nivel mundial. 

Nesta actualización desaparece o dianóstico de "Síndrome de Asperger" e tódolos "aspergers", "aspies", "aspis", etc, pasan a formar parte do TEA (trastorno do espectro do autismo). Penso que o 18 de febreiro do 2019 seguirén recordando a Hans Asperger, agradecida polas súas investigacións, que tanto axudaron a entender un pouco mellor este mundo, co beneplácito da OMS ou non.