10 oct 2017

pdf
María Martínez López publicou no seu blogue "Especiales" o resultado do seu grupo de traballo, formado por mestres especialistas en pedagoxía terapéutica de diferentes colexios.
O grupo de traballo elaborou durante o curso 2016/2017 unha táboa na que se categorizan as distintas APPs que existen no mercado para traballar con alumnado con TEA. Presentadas nun documento en formato pdf de 31 páxinas. Co obxecto de axilizar a procura de ferramentas e recursos TIC e dirixida a profesionais da educación e nais e pais.