29 abr 2017

Traballando a convivencia

Sair do círculo
Haydée Mesa publica esta interesante dinámica grupal para traballar a convivencia na revista Educacion 3.0. Nun  post anterior publicamos unha recopilación de dinámicas grupais que describe Haydée, nesta ocasión propón o seguinte exercicio:
Pautas: un grupo de alumnos fai un cículo entrelazando os brazos. 
Consignas: un rapaz sae do círculo e o mestre dalle a consigan de que cando volva ao círculo ten que tentar escapar del o máis rápido posible sen tardar máis de dous minutos. Para as persoas que forman o círculo a consigna é que teñen que evitar que as fugas mais se a persoa pide verbalmente sair teñen que abrir o círculo e deixala sair. 
 Avaliación: débese concretar, con axuda de preguntas, os seguintes aspectos:
  • Determinar cal é o conflicto básico e os secundarios, no seu caso.
  • Contrastar cómo se sentiron os participantes do círculo e o que tenta escapar.
  • Analise dos métodos empregados por cada parte para acadar o seu obxectivo.
  • Procurar outros exemplos destas actitudes e métodos na vida cotiá dos participantes.