17 sept 2016

SOCIOGRAMA unha ferramenta de detección de problemas de CONVIVENCIA

Comeza o curso e o mestre se atopa cunha nova clase, con nenos e nenas que non coñece e que non sabe como se relacionan entre eles nin como traballan como grupo. Este é o momento de facer unha serie de pescudas na procura desta importantísima información, e pasa iso temos a interesante ferramenta do sociograma. Nestes enlaces:
SOCIOGRAMA en encuentroeducativo.com
explícase moi ben qué é e para qué serve pero en síntese con esta ferramenta pódese analizar as sinerxias afectivas nos grupos, podemos atopar rexeitamentos, identificar aos líderes, aos nenos ou nenas excluídos e intervir para conseguir un grupo inclusivo e cohesionado. Tamén resulta útil para formar grupos de traballo e levar a cabo con maior éxito as iniciativas de traballo colaborativo que queiramos implantar na aula.
É evidente as vantaxes que para o alumnado con TEA ten que dende o primeiro momento se recoñezan as debilidades dos grupos, os posibles rexeitamentos que por desgracia estes nenos e nenas adoitan sufrir e se comece a aplicar estratexias de convivencia e inclusión. Pódense facer varios tipo sociogramas na procura destes obxectivos e para ilo o que va cambia son as preguntas que formulemos aos alumnos e alumnas. Pódense atopar cuestionarios tipo nos segiuntes enlaces:
- www.educacion.navarra.es pódes: CUESTIONARIOS.
- www.psicoeducación.eu: CUESTIONARIOS
Por último explicamos cómo a estupenda  combinación de software libre e gratuito: OpenOffice CAL+Yed Graph Editor pode facilitar moitísimo o traballo ao mestre e aos equipos de orientación dos centros. Abrimos o OpenOffice Calc e facemos unha tabla cos resultamos obtidos desta pregunta do cuestionario do sociograma ¿Quénes son os tres nenos ou nenas da túa clase cos que mais te gusta xogar? (isto é para un sociograma de afectividade, se queremos facer un sociograma de traballo escollemos a pregunta de ¿Quenes son os tres nenos ou nenos cos que te gusta traballar?, se queremos un cos rexeitamentos da aula escollemos as respostas da pregunta ¿Con qué nenos ou nenas non te gusta xogar?....)

De tal xeito que por cada neno da clase vamos facer tres filas, na parte superior sempre se escribe Source e Target:. Gárdase co formato *.xls Ábrese o programa Yed Graph Editor péchase a primeira ventá. No panel dereito escóllese en "shape node" a caixa desexada y en "Edge Type" a frecha de unión. Logo en "File" - "Open"- "*.xls" (microsoft excel 97/2000)
Aparece unha ventá de opcións e na "Hoja 1" escollemos as súas columnas que enchemos A+B en na dereita "Data Range" - pinchamos en "Adopt" Seleccionamos soamente a comuna A e pinchamos en "Colum of Source IDs" + "Adopt". Seleccionamos a columna B e pinchamos en "Colum of Target IDs" + "Adopt". Na pestaña "Presentación" seleccionamos en Label Text "Node ID" .Pinchamos en "Ok" e................MAXIA!!!!!

OLLO!!!!....É probable que atopemos un neno cun TEA, no que non reparáramos, ao ver que case non ten FRECHAS!!!!!
Para maior información pódese ver este vídeo: